Xa está aquí…

Nestas datas recibimos mails a casco porro que felicitan o Nadal con frases e imaxes típicas cunha vida útil máis ben escasa, así como entran así como van dereitiñas a papeleira.

O meu desexo é recibir unha felicitación das de verdade, que me chegue ó corazón e encha o bandullo de bolboretas….e se ten forma de xamón, mellor que mellor!! 

Agora en serio, non vos pasa que no Nadal vos sentides saturadas con mails, propaganda no caixa de correo, publicidade na tele, etc..? acaba sendo todo tan repetitivo que nada vos sorprende. 


Autor descoñecido

Na miña mesa nestes días rondan ideas de baners para que os meus clientes feliciten estas datas ou promocionen os seus produtos, iso si; ñoñadas cero! Intento alonxarme das folerpiñas de neve, nenos vestidiños con xerseis esponxosos e todas esas estampas típicas que crean máis rexeitamento que acercamento. Penso que aproveitar as datas para facer un guiño divertido e dalgún xeito agradecer a confianza depositada nun é unha boa idea e o Nadal pode ser un momento fantástico para ser creativos. Deixemos a un lado os corniños de reno! 

Tamén é bo momento para enviar agasallos aos seguidores máis fieis da nosa marca. Os beneficios dunha estratexia de promoción están demostrados. Podemos presentar e dar a coñecer novos produtos, destacar fronte á competencia ou simplemente construír a nosa marca mostrando a imaxe adecuada. Conseguiremos audiencia ou engagement nas redes sociais co fin de aumentar as ventas.

Se estás pensando en enviar o teu mail de felicitación de Nadal, detente!! Antes tes que ler esta lista de “Ben facer” para non caer no horterismo:

  • Non envíes imaxes que circulan pola rede porque os teus clientes recoñecerana e pode provocar rexeitamento.
  • Busca o lado humano, fala de ti a ti e non empregues frases feitas e baleiras de contido. 
  •  Aproveita para estreitar lazos
  • Trata de que a felicitación sexa o máis visual posible
  • O feito a man (do it yourself) sempre triunfa, dá o mesmo o nivel de artisteo que teñas, o caso é que ó facelo un mesmo é orixinal e exclusivo, ese detalle apréciase e valórase máis que se é algo mercado. 

Sempre nos acordamos de felicitar o Nadal cando xa estamos abrindo os polvoróns, pero se me estás lendo que saibas que aínda quedan uns días e se che serve de consolo eu  sempre chego tarde, este ano teño a idea de felicitación rondando a cachola para enviar as persoas coas que tiven a sorte de partillar proxectos, pero fáltame tempo para a execución …e desta fin de semana non pode pasar!!

E máis nada, espero que vos sirvan estes pequenos consellos para facer do Nadal unha data un pouco menos empalagosa. Se tes calquera dúbida, non dubides en consultarme!!

Agora si, póñome en pé e levanto a cunca para brindar e agradecer a este 2018 os proxectos e persoas que tiven a sorte de coñecer. 2019 tes o listón moi alto!

Apertas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *