Mencía Alcouce

Xiana é propietaria dunha adega familiar situada na Ribeira Sacra, bañada polas augas do río Bibei produce un viño intenso, que transmite emocións e sobre todo forza, a mesma coa que ela traballa día a día nos bancais. Durante o desenvolvemento da etiqueta traballamos con elementos tradicionais e naturais para reforzar a imaxe de calidade. A tipografía foi construída ex professo buscando acabados diferenciais. A cor e o tamaño aumentan a notoriedade e a diferenciación no lineal de venta.