Coanhadeira é un grupo de música tradicional galega. Con eles tanto podes bailar unha muiñeira como relaxarte coas súas letras de atmósferas sutís. Para o seu novo traballo, “Bicos con Luvas” buscaban unha proposta arriscada e fora do común. Para o deseño do dg-pack busco un universo de tradición. Empregando técnicas como o colaxe acado a frescura e naturalidade que precisa un traballo de raíz. Ademais do dg-pack creamos todo tipo de elementos promocionas (camiseta, mochila..).