Terras de Trives

No obrador de Jose dedícanse dende hai anos a elaborar a sobremesa máis típica da zona, a famosa Bica de Trives. Cando Jose se puxo en contacto comigo tiña claro que o seu produto de excelente calidade necesitaba un aspecto actualizado para ser máis atractivo.
O primeiro foi actualizar o logo do obrador para continuar co deseño da caixa. Para a gráfica optamos por unha ilustración de aspecto tradicional e feita a man. Mimando cada detalle para resaltar o carácter artesán do produto.