Contándome que idea tes para a túa publicación. Se precisa infografías para mellorar a comprensión do texto, gráficos e táboas para explicar datos difíciles de interpretar... Só preciso unha idea xeral e os arquivos a maquetar nun programa de edición de texto.
Os proxectos de maquetación deben ter unha estrutura estudada para que o conxunto da publicación sexa atractiva, fácil de ler e fiel á túa marca e polo tanto, próxima o teu público. Dentro do deseño editorial podes atopar:
Presentacións
Dossier
Díptico
Volandeira
Cartel informativo
ebook
Arquivos orixinais: documento maquetado en pdf coa preimpresión necesaria para a súa reprodución en imprenta e arquivo para a distribución online.