Todo proxecto comeza coñecendo á persoa que está detrás, así que o mellor é que tomemos un café e falemos da túa marca.
Envíoche un briefing (unha pequena enquisa) para aclarar e resumir conceptos e ideas clave.
Comeza a xeración de ideas para atopar solucións de comunicación a través da expresión gráfica.
Preséntoche dúas propostas, totalmente diferentes e orixinais.
Coas túas achegas fago os cambios precisos para acadar o resultado óptimo que responda aos conceptos marcados no briefing.
Creo o universo da marca ou brand mood: texturas, imaxes e iconas que acompañarán a marca para potencian os seus valores, achegarlle coherencia e recoñecemento.
Na mesma liña gráfica, realizo as aplicacións de utilidade para o proxecto: tarxetas de visita, papel de carta e sobre.
Deseño o packaging dende a estrutura e o volume, ata a gráfica aplicada ao envase co fin de que o envase sexa fiel á marca e defina claramente as vantaxes do produto. Teño en conta a produción, os materiais, a sustentabilidade e a sinxeleza para o transporte e almacenado.
E por último, maqueto o díptico de presentación e información, dentro das pautas visuais marcadas.
Guía de uso: que inclúe versións a unha cor, versión reducida, cores e tipografías empregadas, uso correcto e incorrecto sobre fondos ou con outras marcas... en definitiva, un manual útil para aplicar a marca con coherencia e rigor sexa cal sexa o soporte.
Brand Mood: imaxes, cores e iconas; compañeiras fieis a túa marca.
Manual de aplicacións offline: tarxetas de visita, papel de carta, sobre e bolsa.
Packaging complexo: arquivo de preimpresión do deseño estrutural do envase listo para a súa reprodución.
Díptico ou dosier: arquivo maquetado e preparado para a súa reprodución en imprenta.
Arquivos orixinais: pdf vectorizado listo para a súa impresión e jpg para a reprodución e distribución online.
Arredor de 30 días laborais dende a aceptación do orzamento.