O meu nome é Marta, son deseñadora gráfica, emprendedora e mamá de Rosalía, casi nada!
Fai uns anos descubrín a importancia social do deseño e no meu día a día, á parte de xogar coa miña pequecha, dedícome a empregar as miñas habilidades creativas en promover produtos e marcas auténticas, nas que creo. Dende esta perspectiva nace Conxenia, unha marca responsable e consciente que se implica con honestidade e profesionalidade en cada proxecto.
Poño especial atención a coñecer a fondo o teu proxecto e escoitar as túas necesidades, investigo a contorna no que vivirá a marca co obxectivo de ofrecer un deseño de calidade e acadar a satisfacción total por ambas as dúas partes.
Conxenia é a compañeira e conselleira da túa pequena marca, son unha profesional do deseño na que emprendedores a artesáns podedes confiar para mostrar o mellor dos vosos produtos ao mundo.