Deseño de packaging Conxenia Deseño feito con mimo

Unboxing.. que raios é iso?

Non se asustar coa palabra, este termo responde a acción de desempaquetar un produto mentres se narra como ven distribuido dentro da caixa.

Captúrase o momento e móstrase na rede, en youtube xeralmente, para que os seguidores o vexan. Se o packaging é atractivo probablemente queiran vivir a mesma experiencia, deste xeito grandes marcas xa están sacando tallada do asunto, non tedes máis que facer unha pequena procura na rede para ver todo tipo de vídeos relacionados co tema.

Imaxe de cómo se presenta un produto de Apple

Estase convertendo nunha tendencia con moitos adeptos e nunha oportunidade que non hai que deixar escapar xa que é perfecto para mostrar o teu produto e tentar chegar a máis xente. Dende o meu punto de vista a expectativa e a ilusión ao recibir un paquete son sentimentos comúns a calquera mortal e é contaxioso, quizais por este matiz, nace esta idea de mostralo ao mundo. No fondo non é nada novo, a diferenza é que agora ensínase e convértese nunha oportunidade comercial.

Claro que hai paquetes e paquetes, entre recibir un sobre de plástico maltratado pola empresa de transporte e recibir unha caixa que só con vela che entran unhas ganas terribles de ver o que hai dentro… pois…hai diferenza!!. Ponte en situación, chega as túas mans unha caixiña, debidamente impresa, o abrila descobres o produto xunto con unha tarxetiña de agradecemento, un ramiño de flores secas, papel de seda, e incluso un olor especial….nese instante, ese momento de cotío convértese nalgo único e moi ilusionante. O máis seguro é que repitas experiencia ou que o recomendes. Outra cousa é, que o produto non sexa do teu gusto e teñas que mándalo de volta ;)…

Imaxe da axencia TatabiStudio

Este cúmulo de sentimentos responden a unha estratexia na que o packaging funciona como elemento diferenciado. É a carta de presentación da túa marca, funciona como primeiro contacto do teu produto co comprador e ese momento ten que ser especial, o mesmo que unha primeira cita… teñen que saltar chispas!. O tema é serio, estamos falando de construír a túa marca, e por iso, debe estar coidado ata o máis mínimo detalle.

As características técnicas que debemos ter en conta á hora de deseñar o packaging do noso produto explicadas brevemente son:

·Protección para que non se estrague o produto, é esencial.

·Comunicación a gráfica ten que ser atractiva e respirar a esencia da túa marca.

·Os materiais sempre en función do contido, adaptados e sen despilfarros

·Ergonómico e de fácil manexo, que se poda apiar e que non ocupe demasiado espazo por cuestións loxísticas.

Pensa que hoxe en día dámoslle tanta importancia ao packaging como ó produto que ven dentro. Evita no posible facer un gasto inútil de recursos, empregando plásticos e envoltorios innecesarios, mellor escolle materiais biodegradables e reciclables. Eu sempre traballo coa premisa de “menos é máis”, non fai falla unha gran inversión para acertar cun empaquetado memorable.

Conclusión, quedémonos co agradable que resulta recibir ese produto nun empaque coidado, pensemos na experiencia de quen o recibe e fagamos que se sinta especial. Confiemos en profesionais para levar a cabo esta tarefa.

Como podes comprobar é un tema que me apaixona, e esta conversa pode seguir ata o infinito pero imos ir rematando por hoxe, se necesitas algún consello non tes máis que poñerte en contacto e empezamos a pensar nesa primeira cita do teu produto co teu cliente.

Apertas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *