Amarelante

Amarelante é unha cooperativa dedicada á recuperación de soutos e o seu produto estrela é a castaña. Producen, comercializan e a transforman baixo os principios da sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. A miña proposta é unha identidade gráfica amable, natural e orgánica. Conceptos como “a unión das partes forman un todo” e a variedade cromática identifican á perfección o espírito Amarelante e tamén aos integrantes que a compoñen.