Mel Cerdeira

Cerdeira é un lugar situado no Macizo Central da provincia de Ourense; pola súa situación prodúcese un mel especial, de alta montaña. Coñecín a Laura e pensamos no modelo de etiqueta que precisa a súa produción. O deseño baséase en formas xeométricas e cores planas que lembran ao apiario, a forma da etiqueta ademais de ser atractiva visualmente, cumpre unha función técnica que é a de servir de precinto do envase.