Conxenia - Servizos - inicio
CAIXA

COMPLETA

Por onde empezamos?

Todo proxecto comeza coñecendo á persoa que está detrás, así que o mellor é que tomemos un café e falemos da túa marca. Envíoche un briefing (unha pequena enquisa) para aclarar e resumir conceptos e ideas clave.

Ao lio!

Comeza a xeración de ideas para atopar solucións de comunicación a través da expresión gráfica.
Preséntoche dúas propostas, totalmente diferentes e orixinais.
Coas túas achegas fago os cambios precisos para acadar o resultado óptimo que responda aos conceptos marcados no briefing.
Creo o universo da marca ou brand mood: texturas, imaxes e iconas que acompañarán a marca para potencian os seus valores, achegarlle coherencia e recoñecemento.
Na mesma liña gráfica, realizo as aplicacións de utilidade para o proxecto: tarxetas de visita, papel de carta, sobre e aplicación da marca ao deseño da etiqueta.

Eentregables

Guía de uso: que inclúe versións a unha cor, versión reducida, cores e tipografías empregadas, uso correcto e incorrecto sobre fondos ou con outras marcas... en definitiva, unha manual útil para aplicar a marca con coherencia e rigor sexa cal sexa o soporte.
Brand Mood: : imaxes, cores e iconas; compañeiras fieis a túa marca.
Manual de aplicacións offline: tarxetas de visita, papel de carta, sobre, bolsa e deseño de etiqueta.
Arquivos orixinais: pdf vectorizado listo para a súa impresión e jpg para a reprodución e distribución online.

Tempo

Arredor de 20 días laborables dende a aceptación do orzamento.