Todo proxecto comeza coñecendo á persoa que está detrás, así que o mellor é que tomemos un café e falemos da túa marca.
Envíoche un briefing (unha pequena enquisa) para aclarar e resumir conceptos e ideas clave.
Comeza a xeración de ideas para atopar solucións de comunicación a través da expresión gráfica.Preséntoche dúas propostas, totalmente diferentes e orixinais. Coas túas achegas fago os cambios precisos para acadar o resultado óptimo que responda aos conceptos marcados no briefing.
Guía de uso: que inclúe versións a unha cor, versión reducida, cores e tipografías empregadas, uso correcto e incorrecto sobre fondos ou con outras marcas... En definitiva, un manual útil para aplicar a marca con coherencia e rigor sexa cal sexa o soporte.
Arquivos orixinais: pdf vectorizado listo para a súa impresión e jpg para a reprodución e distribución online.
Arredor de10 días laborables dende a aceptación do orzamento.